O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu hoxe no país luso ao XI Encontro Internacional de Empreendedorismo Jovem (Eije) organizado pola Escola Superior de Ciências Empresariais do Instituto Politécnico de Viana do Castelo en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Con esta xornada, búscase crear un espazo para que mozos estudantes portugueses e españois podan intercambiar as súas ideas e proxectos, creativos e innovadores.

O emprendemento é un motor crucial para a innovación e o desenvolvemento económico, así o destacou Pablo Fernández, quen puxo en valor a aposta estratéxica do Goberno galego polo emprendemento e o talento mozo, destacando o labor de asesoramento da Rede de polos de emprendemento, que conta con 15 oficinas por toda Galicia e leva asesorado máis de 3.700 proxectos, así como no eido do talento mozo destacou a Estratexia mocidade activa, dotada con 20 M€, soamente por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e que abarca distintas iniciativas encamiñadas a impulsar o emprego xuvenil.

Loading...