Manuel Pardo lembrou que está aberta unha nova edición destas axudas ata o próximo 14 de abril, cunha partida de máis de 14 millóns de euros, e que como novidade deste ano, ademais dos municipios de menos de 50.000 habitantes, tamén poderán acceder a elas mancomunidades e consorcios locais exclusivamente de concellos

O delegado territorial explicou que na convocatoria deste ano, as axudas Aprol rural, fusiónanse cos apoios á contratación de persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), co fin de facilitar o acceso dos municipios do rural a estas achegas

O representante do Goberno galego subliñou que este programa ten unha dobre finalidade, por unha banda, servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas que participen neles, e, por outra, apoiar as entidades locais na prevención dos incendios forestais

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao municipio de Paderne de Allariz, un dos 86 concellos beneficiados da convocatoria do ano 2024 do programa Aprol Rural, que permitiu a contratación de 211 persoas sen emprego grazas a un investimento da Xunta, de preto de 3,5 millóns de euros.

Na súa visita, o delegado territorial, xunto co seu alcalde, Manuel Pérez, explicou que no caso desta localidade, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración achegou case 49.000 euros para a contratación de tres traballadores que realizaron tarefas relacionadas coa prevención de incendios, coa planificación preventiva, coa valorización forestal, coa silvicultura, coa limpeza de montes e a xestión da biomasa.

Manuel Pardo aproveitou a súa visita, para lembrarlle ao rexedor desta localidade que está aberta unha nova edición destas axudas ata o próximo 14 de abril, cunha partida de máis de 14 millóns de euros, e que como novidade deste ano, ademais dos municipios de menos de 50.000 habitantes, tamén poderán acceder a elas mancomunidades e consorcios locais exclusivamente de concellos.

Tamén informou que, atendendo ao principio de simplificación administrativa, na convocatoria deste ano, as axudas Aprol rural, fusiónanse cos apoios á contratación de persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), co fin de facilitar o acceso dos municipios do rural a estas achegas.

O representante do Goberno galego subliñou que este programa ten unha dobre finalidade, por unha banda, servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas que participen neles, e, por outra, apoiar as entidades locais na prevención dos incendios forestais, así como na dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural que axuden á súa preservación.

Reunión co alcalde

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, aproveitou a súa estadía na contorna para manter un encontro co alcalde de Paderne de Allariz, e coñecer de primeira man as necesidades do municipio.

Manuel Pardo trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello”.

Loading...