O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, inaugurou esta mañá na Coruña o VIII Congreso da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGAFEC). Un acto no que subliñou que o vindeiro ano, Galicia ofertará 53 prazas de formación especializada en Enfermería Familiar e Comunitaria.
O conselleiro precisou que o Goberno galego ten o firme compromiso de fortalecer a enfermería no ámbito da sanidade pública, especialmente na atención primaria, para aproveitar todo o seu potencial no sistema sanitario galego.
A ese respecto, o conselleiro subliñou a importancia da enfermería familiar e comunitaria na atención á poboación galega, cada vez máis lonxeva, pluripatolóxica que, cada vez con máis frecuencia, reside sola e, en gran parte, no ámbito rural. Tendo en conta iso, puxo en valor o labor da enfermería na atención domiciliaria aos pacientes.
O responsable da Sanidade galega lembrou o carácter pioneiro que tivo a nosa comunidade na creación da categoría estatutaria de Enfermería especializada no ámbito familiar e comunitario no ano 2016. Ademais, lembrou que Galicia foi das primeiras rexións do territorio nacional en elaborar unhas listaxes de selección.
Gómez Caamaño sinalou a aposta da Xunta pola formación continúa destes profesionais e o impulso de novas liñas de actuación para reforzar o seu papel na sanidade pública e no coidado dos pacientes. Así, referiuse aos protocolos que se están a probar para a xestión da enfermería a demanda, á Plataforma FEMORA na que se actualizan os procedementos, así como a iniciativa Telea, para a teleasistencia a domicilio que marcou un antes e un despois na atención sanitaria.
Por último, avogou por que se aproveiten todas posibilidades que achegan as novas tecnoloxías para optimizar os coidados asistenciais, tanto os que se desenvolven no ámbito hospitalario, como aqueles que se levan a cabo no domicilio dos doentes.
A cidade da Coruña alberga durante a xornada de hoxe o Congreso anual de AGEFEC “Actualizando as catros esferas da enfermería en atención primaria”, onde especialistas en enfermería familiar e comunitaria, desenvolverán obradoiros, mesas redondas e relatorios, co obxectivo de compartir coñecemento e experiencias vencelladas a este ámbito sanitario.