Que son as habilidades brandas e como poden axudarche?
As habilidades brandas son aquelas competencias persoais e sociais que facilitan a interacción con outras persoas, a resolución de conflictos e a adaptación a distintas contornas. A diferenza das habilidades técnicas, que son específicas dunha profesión, as habilidades brandas como a comunicación efectiva, a empatía, a adaptabilidade e o traballo en equipo entre outras, son útiles en calquera campo e son cada vez máis valoradas polos empregadores.
Por que son importantes?
Nun mercado laboral en constante cambio, contar con habilidades brandas permíteche destacar, adaptarte a novas situacións e colaborar mellor cos teus compañeiros e compañeiras. Estas competencias poden ser o factor crave para acceder a novas oportunidades, consolidar a túa posición e/ou avanzar na túa carreira profesional.
Que pretende que adquiras o Programa Mellora?
Desenvolver competencias que farán que destaques en calquer equipo.
Aumentar a empregabilidade ao te adaptar mellor ás contornas laborais actuais.
Recibirás orientación práctica orientación práctica para aplicar estas habilidades na túa carreira e vida persoal.
Na Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo , estamos encantados de ofrecer unha formación en habilidades brandas para axudar a desenvolver estas competencias esenciais.Esta formación está deseñada especialmente para persoas en distintas etapas da súa vida laboral e busca mellorar as túas habilidades para que esteas mellor preparado/a na túa carreira profesional.
INICIO O 18 DE NOVEMBRO
Modalidade: En Liña
Duración: 48h
Horario: sesións a elexir en quenda de mañá e de tarde para maior flexibilidade.
Non perdas esta oportunidade de crecer profesionalmente!
As prazas son limitadas, así que che recomendamos reservar o teu lugar canto antes, tes ata o 14 de novembro. Non te despistes.
INSCRÍBETE AQUÍ
https://forms.gle/RybdQVzSajwqzbGj9
Esperamos verte pronto nas nosas sesións de formación.
Para calquera consulta adicional, non dubides en respostar a este correo mellora@fungatra.gal
Saúdos ,
Equipo Técnico
Programa Mellora