1. Inicio
  2. Información económica, orzamentaria e estatística

Información económica, orzamentaria e estatística

Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas de información económica, orzamentaria e estatística que recolle a normativa básica en materia de transparencia e que, a maiores, incorpora tamén a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e tamén aquelas outras que esta última sinala como obrigas específicas de información patrimonial, en materia de contratación pública, sobre concesión de servizos públicos, sobre convenios, sobre encomendas de xestión e encargos a medios propios e sobre subvencións.

Orzamentos da Comunidade autónoma

Os orzamentos xerais da Comunidade autónoma son o principal instrumento do Goberno galego para o desenvolvemento da súa política económica.

Convenios

Neste apartado atopará a relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior e tamén a ligazón ao Rexistro de Convenios, onde terá a posibilidade de acceder ao texto do convenio e á memoria na cal se xustifica, en cada caso, a utilización desta figura.

Información estatística

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contempla a publicación das estatísticas en materia tributaria, conforme parámetros xeográficos, poboacionais ou económicos e calquera outra información económica e estatística de elaboración propia cuxa difusión sexa máis relevante para o coñecemento xeral, facilitando as fontes, notas metodolóxicas e os modelos utilizados.

Axudas e subvencións

As subvencións e axudas supoñen un instrumento esencial para a aplicación das políticas económicas e sociais. En consonancia con esa relevancia, a lexislación esixe tamén deste eido un elevado nivel de transparencia. Galicia incorporou esixencias fundamentais de publicidade destes procedementos a través da súa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións, información que o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno esixe integrar no Portal de Transparencia e Goberno Aberto. Para isto, recórrese á ligazón a dúas iniciativas fundamentais de transparencia postas en marcha nos últimos tempos polas Administracións públicas: a sede electrónica da Xunta de Galicia e a Base de Datos Nacional de Subvencións.

Encomendas de xestión

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico prevé a realización de encomendas de xestión, que supoñen a realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos, entre órganos da mesma ou diferentes administracións ou entidades por razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios técnicos idóneos para o seu desempeño. Neste apartado recóllense encomendas acordadas polos diferentes departamentos da Xunta de Galicia, dando cumprimento ás obrigacións previstas na normativa vixente en materia de transparencia, así como ás previstas na citada lei.

Contabilidade

A normativa básica en materia de transparencia obriga a publicar as contas anuais que deban render os suxeitos incluídos no seu ámbito de aplicación, así como os informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control externo que sobre eles se emitan.

Financiamento e débeda

Neste apartado recóllese a información básica sobre o financiamento, con indicación dos diferentes instrumentos, así como a débeda pública da Administración (con indicación da súa evolución), o endebedamento por habitante, o endebedamento relativo e a porcentaxe do endebedamento sobre o produto interior bruto.

Patrimonio

A normativa en materia de transparencia sinala como obrigas específicas de información patrimonial a de publicar a relación de bens de interese cultural e o número de vehículos dos cales a Administración autonómica é titular ou arrendataria (Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno) e a publicación da relación dos bens inmobles que sexan propiedade da Administración, ou sobre os que ostente algún dereito real (Lei estatal 9/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno).

Contratación pública

Neste apartado, en coordinación coa Plataforma de Contratación Pública de Galicia, dáse cumprimento aos requirimentos de información pública previstos no artigo 8 a) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e nos artigos 13 e 14 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Así mesmo, recóllense as obrigas en materia de transparencia previstas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

Execución dos fondos comunitarios

Neste apartado pódese obter información sobre a execución dos distintos fondos comunitarios, tanto en termos financeiros como de consecución de obxectivos, tal e como figura nos correspondentes informes anuais presentados nos comités de seguimento de acordo co establecido na normativa europea de disposicións comúns aplicable aos fondos europeos.

Loading...