No marco do compromiso da Xunta por estreitar a colaboración coas entidades locais, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe sendas reunións de traballo co alcalde de Montederramo, Óscar Diéguez, e co alcalde de Vilar de Santos, Marcos Nogueiras.
O obxectivo destes encontros foi avaliar posibles vías de colaboración en materia de emprego e de dinamización territorial vencellada ao comercio e á artesanía, a prol do desenvolvemento económico e social de ambos municipios.