O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, xunto co director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, participaron nesta nova xornada do programa O Camiño do emprendemento musical

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participaron hoxe nunha nova xornada do programa O Camiño do emprendemento musical que tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid e na que tamén estivo o seu director, Luis E. Ramos. A cita reuniu profesionais da industria musical de referencia a nivel nacional e internacional que compartiron experiencias, talento e aspectos relacionados coas oportunidades de emprendemento neste sector. Todo co obxectivo de fomentar novas vocacións neste eido económico, consolidar o ecosistema, xerar sinerxías e impulsar proxectos innovadores.

Neste sentido, a xornada, organizada por Wake Up co apoio da Xunta de Galicia — a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego— e da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), dividiuse en tres bloques. Un deles estivo centrado nas empresas musicais e nel participaron o responsable do Náutico de San Vicente do Mar, Miguel de la Cierva; o xerente da Sala Pelícano da Coruña, Luis Diz; e a presidenta de AGEM, Patricia Hermida. O segundo bloque centrouse nos eventos musicais e contou co director de Esmerarte Industrias Creativas, Joaquín Martínez (Kin); co fundador de Wake Up, José Patiño; e coa directora de produción do Festival de la Luz, Paula Domínguez.

O terceiro bloque estivo relacionado coa dimensión internacional de proxectos de emprendemento musical e contou coa participación da responsable da discoteca de referencia en música techno Blaster Club, Luka de Blas; co cofundador da escola da industria musical Music Business Academy, Nico Castro; e co promotor principal do proxecto Code (Fabrik), Nuke.

 

Loading...