A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no Barco de Valdeorras no acto de entrega dos XV Premios Ronsel, onde puxo en valor a colaboración da Xunta coa Fundación Ronsel para darlle un pulo ao emprendemento en Galicia, no marco da Rede de polos —que ten un dos seus centros precisamente no Barco—, de programas de mentorización ou de iniciativas para o encontro entre as persoas traballadoras por conta propia.
A directora xeral aproveitou o acto para felicitar os proxectos premiados e finalistas, referíndose especialmente aos negocios asentados no rural pola súa capacidade para xerar riqueza e emprego que vertebra o territorio e fixa poboación. Nesa liña, salientou quea nova orde de axudas unificada para autónomos de 2026 contará cun orzamento de case 41 M€ que incrementará deica os 1,5 M€ o importe do Bono Remuda, para asegurar a continuidade das empresas de éxito. Engadiu que, como novidade, a cota cero para novas altas se estenderá ata os 24 meses para quen se inicie en calquera sector asociado á agricultura, á gandaría e á silvicultura.