O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación das tres novas lanzadeiras de emprego que se porán en marcha a partir de xaneiro na Coruña e Marín no marco do programa Hubs de activación da empregabilidade, promovido polas fundacións Santa María la Real e Iberdrola España, co apoio da Xunta.

Trátase dun programa gratuíto e semipresencial, dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos, que combina orientación laboral, formación práctica e asesoramento especializado, cunha metodoloxía que fomenta o traballo en equipo, a preparación de entrevistas e o desenvolvemento de competencias transversais demandadas polo mercado. Na presentación —na que tamén estivo presente a alcaldesa de Marín, María Ramallo— Pablo Fernández destacou que estas lanzadeiras supoñen unha ferramenta clave para favorecer a inserción laboral e acompañar ás persoas desempregadas na súa incorporación ao mercado de traballo, reforzando tamén a adquisición de habilidades verdes e dixitais. Subliñou que a Xunta mantén un compromiso firme coas políticas activas de emprego, orientadas a promover o desenvolvemento profesional e a facilitar o acceso a oportunidades laborais adaptadas ás demandas actuais da economía galega. As persoas interesadas poden inscribirse antes do 19 de xaneiro no seguinte formulario online:

https://hubsempleabilidad.com/inscribete/.

Loading...