O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presidiu a reunión do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral na que se abordaron aspectos relacionados cos apoios autonómicos en materia de prevención de riscos laborais e a actividades neste eido co fin de optimizalos e facilitar o labor das entidades beneficiarias. Entre estas entidades, están as organizacións empresariais e sindicais galegas, sectoriais e intersectoriais, así como as fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral e ás asociacións de autónomos.
Esta xuntanza enmárcase na aposta da Xunta como como Administración facilitadora a prol da escoita activa e a negociación colectiva cos axentes sociais e no compromiso prioritario que mantén o Executivo galego coa seguridade e saúde no traballo a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Issga. Deste xeito, o obxectivo é adoptar medidas conxuntas que dean resposta ás necesidades do tecido laboral autonómico.