A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, vén de participar no Congreso Internacional de Economía Social de Castilla y León cun relatorio centrado na iniciativa Es-Factory, promovida pola Xunta para impulsar e consolidar proxectos empresariais en sectores emerxentes de Galicia e do Norte de Portugal. Mariño resaltou a aposta do Goberno galego pola cooperación transfronteiriza en materia de emprendemento e destacou o impacto deste proxecto, que se desenvolve no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

A directora xeral subliñou que Es-Factory constitúe un instrumento clave para fortalecer a economía social como aliada da cohesión territorial e para promover novos nichos de actividade con alto impacto local e sostible. Así mesmo, puxo en valor outras iniciativas complementarias en marcha, como a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que leva atendido máis de 5.100 proxectos emprendedores en toda Galicia, ofrecendo acompañamento especializado, formación e apoio na posta en marcha e consolidación de novos negocios.

Loading...