A delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este xoves o curso financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, avanzou este xoves que Moaña contará en 2026 cun novo Programa Integrado de Emprego (PIE) financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cun investimento de 220.000 euros.

A representante autonómica confirmou a celebración do novo curso e animou aos participantes durante a clausura do actual Programa Integrado de Emprego, no que un total de 100 persoas desempregadas recibiron formación desde outubro de 2024, a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo.

Ana Ortiz salientou así a implicación da administración autonómica coa promoción do emprego na área de Vigo. “Tanto en Moaña como no resto da área de Vigo e de Galicia, a sociedade e as empresas, necesitan xente formada, aí é onde tedes a vosa oportunidade”, destacou.

Ademais, salientou o compromiso do Goberno galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral dos galegos e galegas, cunha formación adaptada ás demandas reais do mercado e en colaboración cos concellos. Fixo así especial fincapé na ampla dimensión destes programas, por canto melloran a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade, con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo.

 

Loading...