O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura da 6ª edición da xornada A Igualdade, un activo para a empresa, organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña (CEC). Alí, destacou que a Xunta aposta por unha igualdade de oportunidades real no mercado laboral apoiada con medidas como os 1,7 millóns de euros incluídos este ano no programa Galicia Emprega para impulsar a presenza de mulleres en sectores tecnolóxicos e industriais de alto valor engadido.

Na súa intervención, o secretario xeral referiuse a outras iniciativas como o programa Que non te líen, ti elixes, que vén promovendo mediante charlas nos centros de educación secundaria a elección de profesión sen atender a prexuízos de xénero. Tamén mencionou —entre outras— o Decreto que regula a Certificación Galega de Excelencia en Igualdade e o Rexistro de empresas e entidades do terceiro sector recoñecidas con este distintivo ou o Campus en liña de igualdade laboral, a través do que a Xunta impulsa accións gratuítas de formación e sensibilización para promover a igualdade no eido do traballo.

Loading...