O delegado territorial destacou que este programa, no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración investiu preto de 440.000 euros, formou a 16 alumnos – traballadores nos módulos de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (8) e traballos de carpintería e moble (8)

Manuel Pardo subliñou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego proporcionan a persoas desempregadas un contrato de traballo e experiencia laboral en oficios con demanda no mercado de traballo, ao tempo que executan obras e realizan proxectos que quedan para a veciñanza

“Un traballo feito para a veciñanza”; así o manifestou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, na clausura do programa de emprego de garantía xuvenil Agrupación Carbomás 2024-2025, acompañado de representantes dos concellos do Carballiño, Maside e Boborás.

O delegado territorial detallou que este programa, no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración investiu preto de 440.000 euros, formou a 16 alumnos – traballadores nos módulos de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (8) e Traballos de carpintería e moble (8).

Nesta liña, tamén concretou que as actuacións levadas a cabo no concello de Maside consistiron no acondicionamento no Puzo do Lago, na senda peonil na Rañoa, na ruta do Barbantiño, e nos espazos municipais en Maside e no Outeiro. Por outra banda no concello do Carballiño os traballos centráronse na senda peonil no río Arenteiro e no espazo municipal deste municipio. E por último no concello de Boborás as intervencións focalizáronse no Roteiro peonil do pozo dos Fumes.

Durante o acto reiterou a validez destas iniciativas mixtas de formación e emprego, xa que segundo Manuel Pardo, “proporcionan a persoas desempregadas un contrato de traballo e experiencia laboral en oficios con demanda no mercado de traballo, ao tempo que executan obras e realizan proxectos que quedan para a veciñanza”.

Manuel Pardo sinalou que con estes programas a Xunta pretende ampliar as oportunidades laborais das persoas con dificultades para o acceso ao mercado de traballo. Hoxe mesmo, os participantes recibiron un diploma que acredita tanto a experiencia formativa como a actividade laboral desenvolvida polo alumnado-traballador.

Loading...