O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe en Narón na 10ª edición dos Premios Ferrolterra Emprende, organizados por AJE Ferrolterra. Así, foi un dos encargados de entregar o galardón á mellor iniciativa emprendedora e, posteriormente, de clausurar o acto.

Na súa intervención, o secretario xeral destacou a andaina de AJE Ferrolterra e de iniciativas como a xornada de hoxe á hora de consolidar os proxectos por conta propia protagonizados pola xente nova. Así mesmo, referiuse ao liderado do Polo de emprendemento e apoio ao emprego ferrolán, ao aglutinar unhas 830 iniciativas asesoradas que supoñen máis da metade do total provincial, que rolda as 1.500 atendidas neste centro xunto cos instalados en Coristanco e Melide. Nesa liña, Fernández apostou por un emprendemento vencellado co territorio, que ao tempo que dinamiza a actividade económica contribúa a xerar emprego e fixar poboación.

Loading...