Acádase, ademais, a terceira mellor cifra histórica de afiliacións á Seguridade Social

Galicia recorta o desemprego con respecto a hai ano a un maior ritmo que España, cunha redución do -6,54 % fronte ao -5,97 % de media estatal

O paro cae a nivel no último ano nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os eidos económicos, liderando a caída a construción, seguida do sector primario, da industria e, por último, dos servizos

Sobre os colectivos prioritarios, tanto as mulleres como os menores de 30 anos e os parados de longa duración acadan a cifra máis baixa de desemprego para un mes de setembro de toda a serie histórica

 

Galicia rexistra o nivel de desemprego máis baixo nun mes de setembro de toda a serie histórica, con 113.085 persoas. Mentres, acádase o mellor setembro e a terceira mellor cifra histórica de afiliacións á Seguridade Social, con 1.104.002 cotizantes. Así o destacou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración dos datos relativos ao pasado mes.

González puxo de relevo que se rexistraron 7.907 persoas desempregadas menos ca en setembro de 2024, o que supón unha redución do -6,54 %, case seis décimas por riba da media estatal (-5,97 %). Canto ás afiliacións á Seguridade Social, o conselleiro salientou que Galicia conta con 18.156 afiliacións máis en relación a hai un ano, o que implica unha suba do 1,67 %.

Cómpre destacar que o bo comportamento do mercado laboral galego é transversal ás catro provincias e ás sete cidades. A maiores, na evolución anual o paro cae en todos os eidos económicos, liderando o descenso a construción (-11,75 %), o primario (-11,26 %), a industria (-9,25 %) e, por último, os servizos (-5,34 %).

En relación cos colectivos prioritarios, tanto no caso das mulleres como dos menores de 30 anos e dos parados de longa duración, rexístrase a cifra máis baixa de desemprego para un mes de setembro de toda a serie histórica (maio 2005), rexistrando respectivamente unha caída anual de 4.314 persoas —un 6,03 % menos—, de 667 mozos e mozas —un recorte do 4,84 %— e de 5.412 persoas —un 8,78 % de baixada—.

Sobre as contratacións, soben tanto na comparativa anual como na mensual (+8,17 % e +29,89 % respectivamente). Aumenta tanto a contratación indefinida como a temporal, e tanto a contratación a tempo completo como a tempo parcial.

 

Loading...