O programa que hoxe se clausura foi posible grazas a un investimento da Xunta de Galicia de 220.000 euros

Reguera destacou o gran labor do concello e das empresas implicadas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá na clausura do Plan Integrado de Emprego (PIE) de Marín.

Trátase dunha iniciativa que tivo unha duración de 12 meses e que está financiada pola Xunta de Galicia con 220.000 euros. Este programa permite o seguimento e formación dun grupo de 100 desempregados co fin de mellorar a súa empregabilidade.

Neste sentido, cabe destacar que un bo número dos participantes neste Plan Integrado de Emprego conseguiron un posto de traballo nalgún punto da duración do mesmo, en concreto, preto de 30 conseguiron inserirse no mercado laboral antes incluso de rematar a súa formación.

O delegado territorial aproveitou a súa intervención para felicitar ao Concello de Marín “polo gran traballo realizado” e para agradecer a “todas as empresas involucradas que apostaron por un grupo de homes e mulleres que demostraron estar á altura das expectativas”.

Cabe destacar que, en Galicia, as edicións 2024-2025 contaron cun orzamento próximo aos 10,3 millóns de euros co que se puxeron en marcha preto de media centena de Programas Integrados de Emprego por un período de 12 meses co obxecto de beneficiar unhas 4.600 persoas.

 

Loading...