O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura do almorzo informativo organizado polo Foro Empresa Pontevedra, centrado no mercado laboral desde a perspectiva xurídica e onde tamén estivo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. Alí, Pablo Fernández defendeu a colaboración público-privada e o diálogo social como marco clave para afrontar retos neste ámbito.
Neste sentido, puxo como exemplo o desafío do absentismo laboral inxustificado, cuestión sobre a que o Goberno galego puxo en marcha unha mesa específica de diálogo social para analizar esta situación e encargou un informe ás universidades de Santiago e Vigo do que proximamente haberá máis resultados. O obxectivo é propoñer medidas para reducir o seu impacto en Galicia, sempre en beneficio de traballadores e empresas.
