A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago na xornada Taller de sinerxías e economía social: Dor crónica e vulnerabilidade nas mulleres, organizada pola Fundación Finnova no marco do proxecto Sembrando Iniciativa. Mariño subliñou a importancia de crear espazos de visibilización, empoderamento e networking como os desta xornada, orientada a xerar oportunidades de formación, orientación e emprego para mulleres en situación de vulnerabilidade. Tamén destacou o papel da economía social para impulsar redes de apoio e ferramentas que favorezan a inserción laboral, o autoemprego e o emprendemento de colectivos vulnerables.

A directora resaltou ademais o compromiso da Xunta coa mellora da empregabilidade feminina, facendo especial fincapé no labor de asesoramento que ofrece a Rede de polos de emprendemento, na que arredor do 60 % dos proxectos atendidos están impulsados por mulleres.

Loading...