A representante do Goberno autonómico destacou que Xunta de Galicia mantén un firme apoio ás cooperativas agrarias a través de diferentes liñas de axuda e lembrou que nos últimos 3 anos esta entidade recibiu máis de 223.000 euros para apoiar as súas iniciativas
A delegada territorial animou aos socios a solicitar as axudas de carácter plurianual de apoio ao fomento das instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo para contribuír á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación
A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou hoxe as instalacións da cooperativa El Plantel Comarcal de Betanzos en Paderne, entidade constituída en 1974 con 39 socios fundadores e que actualmente agrupa a outras seis cooperativas, alcanzando os 200 socios en total.
Durante a visita, a representante autonómica puxo en valor a aposta desta entidade pola diversificación das súas actividades, orientadas a dar resposta ás necesidades dos socios. El Plantel ofrece un amplo catálogo de servizos que inclúe o control da calidade do leite, carro de mestura alimentaria, asesoramento con nutrólogos, servizos de abonadoras e sulfatadoras, analíticas de solos, así como unha tenda agraria e de produtos da horta, entre outros.
Belén do Campo subliñou que a Xunta de Galicia mantén un firme apoio ás cooperativas agrarias a través de diferentes liñas de axuda. Nos últimos anos esta entidade recibiu máis de 223.000 euros do Goberno galego para apoiar as súas iniciativas. Esta cooperativa se lle concedeu, este ano, case 97.000 euros das axudas de utilización de maquinaria común (CUMA), que contaron, no 2025, con preto de 2,4 millóns de euros, na primeira convocatoria, e beneficiaron a 34 entidades. Esta orde tivo unha segunda convocatoria no mes de agosto, pendente de resolución, conta cunha dotación inicial de 400.000 euros e a posibilidade de incrementarse ata os 3,2 millóns de ser necesario.
O obxectivo destas axudas é promover o uso compartido de maquinaria agropecuaria, racionalizar custos, introducir novas tecnoloxías, mellorar a seguridade laboral, reducir emisións e fomentar o aforro enerxético, favorecendo a calidade de vida no rural. Esta cooperativo adquiriu un carro mesturador autopropulsado con esta achega.
Nos últimos anos, El Plantel tamén foi beneficiaria, en varias ocasións, doutra liña de apoio cun importe de total de 96.000 da orde de transformación e comercialización de produtos agrarios para a cuberta da nave de pensos, a instalación de silos para materias primeras e para a reforma do almacén de pensos e automatización da fábrica.
Este programa contou no 2024 cun investimento global 73 millóns de euros co que se apoiaron 62 proxectos. Estas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), buscan mellorar a orientación ao mercado e a competitividade das explotacións agrícolas, con especial atención á innovación, á tecnoloxía e á dixitalización.
“El Plantel Comarcal de Betanzos é un exemplo de como a cooperación e a innovación fortalecen o tecido produtivo no rural galego. Desde a Xunta seguiremos apoiando proxectos que diversifiquen actividades, impulsen a economía social e contribúan a un futuro sostible para Galicia”, destacou Belén do Campo.

Consellería de Empleo, Comercio e Emigración
Neste 2025, El Plantel recibiu da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha achega de 30.000 euros do Bono Consolida Economía Social, programa dotado con 2,73 millóns de euros. Con esta iniciativa, o Goberno galego busca reforzar a consolidación das entidades da economía social, favorecer a súa transformación dixital, mellorar a eficiencia enerxética e impulsar empregos inclusivos e de calidade.
As subvencións permiten financiar actuacións realizadas entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025, como investimentos en equipamento informático, software, márketing, elementos de transporte, accións formativas para socios dados de alta no réxime de autónomos ou melloras nas instalacións.

Nova orde adaptación cambio climático
Finalmente, a delegada territorial animou ao socios a solicitar as axudas de carácter plurianual de apoio ao fomento das instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, orientada a cooperativas agrarias formadas por titulares de explotacións agrarias e que ten o prazo aberto ata o 8 de outubro. A través desta convocatoria búscase contribuír á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, a través da redución dos gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, ao mesmo tempo que se promove a enerxía sostible. A maiores, impúlsase o desenvolvemento sostible e a xestión eficiente dos recursos naturais como a auga, o solo e o aire, reducindo a dependencia química.
Deste xeito, serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións; como a reforma ou construción de instalacións que supoñan a mellora das condicións agroambientais, hixiénico-sanitarias e de benestar dos animais; a compra de construcións agrarias en desuso; os investimentos para a xestión eficiente dos recursos auga, solo e aire e en medidas de bioseguridade, entre outros.
As achegas contan cun carácter plurianual e están cofinanciadas nun 60 % co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural, nun 12 % pola Administración Xeral do Estado e nun 28 % pola Xunta de Galicia.
Así, o orzamento para o ano 2025 é de 410.000 euros, para o 2026 será de 1,64 millóns de euros e de preto de 4,1 millóns para 2027.
O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación de diferentes criterios. En todo caso, a contía máxima da axuda establécese en 3 millóns de euros.