A Xunta defende a colaboración interinstitucional para impulsar a prevención do cancro de orixe laboral. Así o manifestou a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, na apertura da xornada técnica Axenda nacional do cancro laboral, celebrada no Centro Issga-A Coruña. Alí tamén expuxo o labor do Issga, que inclúe actuacións que aportan información valiosa sobre produtos empregados en contornas profesionais e as medidas preventivas, aspectos de utilidade para ofrecer asesoramento técnico ás empresas. Ademais, o ente dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración realiza campañas de prevención relacionadas con distintos sectores, entre eles talleres e obras·

A xornada que ten lugar hoxe conta coa participación de varias persoas expertas dos ámbitos da prevención de riscos laborais e especialistas en neumoloxía e da medicina do traballo de Galicia e doutras zonas de España. Neste sentido, ten entre os seus fins concienciar sobre a necesidade de intensificar as actuacións de prevención da exposición a substancias e axentes máis perigosos, como os canceríxenos, e promover o papel dos especialistas en medicina do traballo dos servizos de prevención e do persoal facultativo de atención primaria e especializada. Tamén busca poñer en valor actuacións do Issga ao abeiro da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027.

Loading...