Na provincia de Pontevedra leváronse a cabo ao redor 20 obradoiros deste tipo por un valor total de máis de 8 millóns de euros

Reguera asegurou que moitos dos 400 alumnos da provincia de Pontevedra conseguiron unha oportunidade laboral antes de rematar o obradoiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá no acto de clausura do obradoiro de emprego dual Rutas de Sendeirismo III, no concello de Cambados.

Trátase dun obradoiro que formou a 20 persoas desempregadas nas especialidades de albanelería e carpintería. Este obradoiro, que tivo unha duración aproximada de nove meses, foi posible grazas a un investimento da Xunta de preto de 420.000 euros. Así, o alumnado recibiu a formación necesaria para poder desenvolverse nas súas áreas, ademais de desenvolver un traballo efectivo a favor do seu concello, xa que os participantes realizaron traballos dentro do seu municipio.

A provincia de Pontevedra contou nesta convocatoria con ao redor de 20 obradoiros deste tipo que formaron a 400 alumnos e alumnas grazas a un investimento total de máis de 8 millóns de euros.

O delegado territorial sinalou durante a súa intervención os bos resultados desta convocatoria: “en moitos concellos atopámonos que algúns participantes non poden acudir aos actos de clausura por ter atopado xa unha oportunidade laboral”.

Loading...