O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto inaugural do I Congreso Internacional de Educación Transformadora, Ciencia, Comunicación e Sociedade, que ten lugar na Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra e do que é membro do comité de honra. Alí puxo de relevo a aposta da Xunta pola formación adaptada ás necesidades de talento das empresas, un aspecto para o que son chave o diálogo social e a mediación co fin de impulsar iniciativas de cualificación profesional eficaces, a empregabilidade das galegas e galegos e de construír contornas de traballo máis xustas, participativas e inclusivas.

O Congreso Internacional de Educación Transformadora, Ciencia, Comunicación e Sociedade, organizado pola Universidade de Vigo e inaugurado hoxe, prolongarase ata este venres 19 de setembro. Trátase dunha iniciativa que nace coa vocación de ser punto de encontro entre profesionais da educación, da comunicación, do ámbito científico e das relacións laborais e sociais.

Loading...