A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu este luns á clausura da última edición do curso que promoven Gondomar, Baiona e Nigrán con fondos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este luns o obradoiro Coidando o Miñor IV que permitiu formar durante o último ano a 20 persoas desempregadas cun investimento de 441.928 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para esta edición do curso que promoveu Gondomar, xunto con Baiona en Nigrán.

A representante autonómica animou aos participantes a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo. Ortiz sinalou que a Xunta investiu 3,9 millóns en 2025 para un total de dez cursos na área de Vigo. No caso concreto de Coidando o Miñor IV, os participantes recibiron desde decembro de 2024 a decembro de 2025 formación nas especialidades de atención sociosanitaria en domicilio e institucións, limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, xestión de residuos urbanos e limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.

Loading...