A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a empresas Excavaciones Chicho SL, unha beneficiarias do programa Bono Autónomo no ano 2024, incluído nesta convocatoria

Explicou que a orde engloba cinco programas de axudas que van desde as que estimulan o inicio de actividade, ata axudas para o mantemento e a consolidación, a conciliación e o Bono Nova Oportunidade

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a empresa Excavaciones Chicho SL, unha das 131 sociedades e persoas traballadoras autónomas beneficiadas o pasado ano en Ferrol do programa Bono Autónomo que concedeu axudas por máis de 284.000 euros na área.

Tal e como lembrou Aneiros este é un dos programas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración incluídos este ano na convocatoria única de axudas específicas para este sector dotada de 40,7 M€ coa que o Goberno galego pretende avanzar na simplificación administrativa e na redución da carga burocrática para este sector estratéxico.

O programa Bono Autónomo conta este ano cun orzamento de 8 M€ e está dirixido a persoas traballadoras autónomas e a sociedades e comunidades de bens consolidadas co obxectivo de axudalas a impulsar a competitividade da súa actividade empresarial. A través del pódese financiar o 60 % do investimento ata un máximo de 7.000 euros.

Excavaciones Chicho SL, dedicada ao sector das escavacións e demolicións, percibiu unha axuda de 7.000 euros para a adquisición de nova maquinaria coa que mellorar a calidade do servizo e dar resposta á demanda actual, tal e como puido comprobar a delegada territorial durante a visita.

Martina Aneiros detallou que esta convocatoria unificada inclúe ademais programas de inicio de actividade como o programa de promoción do emprego autónomo e da cota cero dotados (28,9 M€), e outros de consolidación e mantemento da actividade como o Bono Nova Oportunidade (1,5 M€) ou o Bono Remuda (1,2 M€) para facilitar a transmisión de negocios rendibles. A orde inclúe tamén o programa de conciliación (1 M€) co que a Xunta apoia a contratación, por parte dos autónomos, dunha persoa desempregada para cubrir a súa baixa de maternidade ou paternidade, ou por risco polo embarazo ou a lactancia, e para o coidado de menores, maiores ou dependentes.

Ademais aproveitou a ocasión para poñer en valor en valor o reforzo aos apoios ao tecido autónomo que o Goberno galego activou con esa convocatoria única e animou ao colectivo a solicitar estas axudas cuxo prazo conclúe o día 30 de setembro.

Loading...