A delegada reuniuse co presidente de Ascega, Alfonso Salazar, para informarlle das diferentes ordes de axuda da Xunta para levar a cabo a construción de nova vivenda e para a rehabilitación dirixidas ao aluguer
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuniuse, esta mañá con presidente de Ascega (Asociación de Emprendedores de Galicia), Alfonso Salazar. Durante o encontro a delegada informoulle dalgunha das medidas postas en marcha polo Goberno galego de apoio aos emprendedores en especial as relacionadas co apoio ás persoas traballadoras por conta propia e coa vista posta en atraer colectivos prioritarios como a xente nova.
Neste senso, a delegada informoulle das diferentes ordes de axuda da Xunta para levar a cabo a construción de nova vivenda e para a rehabilitación dirixidas ao aluguer que este ano conta cun orzamento de máis de 9,5 millóns de euros. Os beneficiarios destas axudas son aquelas empresas que teñan no seu obxecto social a promoción de vivendas de nova construción ou procedentes da rehabilitación e as cooperativas de vivendas en réxime de autopromoción ou autoconstrución, que cumpran os requisitos previstos nas bases reguladoras.
Pola súa banda, Alfonso Salazar trasladoulle as súas propostas de cara a aprobación do novo decreto de ascensores no que se está a traballar nestes momentos na Xunta.