A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Martiño, participou esta mañá na xornada de presentación de resultados do programa +COOP, iniciativa da Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración coa Xunta, CEPES e o Fondo Social Europeo, destinada a apoiar a creación de emprendemento cooperativo en Galicia.
Na xornada, interviron representantes do sector e da Xunta —entre eles Marta Mariño— resaltando a atención personalizada do programa, adaptado ao grao de maduración dos proxectos emprendedores. Destacouse tamén que +COOP ofrece itinerarios flexibles, con sesións presenciais e telemáticas durante todo o proceso, desde a idea ata a formalización da cooperativa. Durante a súa intervención, a directora xeral resaltou que o programa +COOP desenvólvese no marco da Rede Eusumo, unha iniciativa da Xunta de Galicia para fomentar o cooperativismo e a economía social, que ofrece recursos de formación, asesoramento e acompañamento a persoas emprendedoras a través dunha ampla rede de entidades colaboradoras en todo o territorio galego.