O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá no Centro Issga de Lugo na apertura da xornada Desperta ao perigo: somnolencia e seguridade viaria

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na apertura da xornada Desperta ao perigo: somnolencia e seguridade viaria, organizada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga). O encontro reuniu a expertos en saúde e responsables de prevención, onde achegaron aos participantes a súa vision e experiencia para continuar o abordaxe e os desafíos futuros en materia de seguridade sensibilizando sobre os riscos asociados á somnolencia na condución.

No trascurso da xeira, analizouse o impacto da somnolencia ao volante —unha das principais causas de sinistralidade— con especial atención ao seu risco no ámbito laboral e entre as persoas condutoras profesionais. Ademais, contouse cun taller práctico para experimentar, mediante un simulador de condución de alta inmersión, as dificultades de conducir en situacións adversas, como a somnolencia ou o consumo de substancias, recreando diversas condicións de tráfico e meteorolóxicas, permitindo avaliar as habilidades ao volante sen poñer en risco a seguridade das persoas participantes.

Na clausura, a xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, explicou que esta xornada enmárcase dentro do Plan de acción 2025 do Issga, que como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega é referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando neste tipo de actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, convertíndose en focos de transmisión do saber preventivo.

Loading...