O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto coa directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron esta mañá na capital galega na xornada de presentación de resultados do programa.

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto coa directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron esta mañá na xornada de presentación de resultados do programa Impulsa o Talento novo, que ten como obxectivo achegar proxectos de emprendemento ás mozas e mozos universitarios de Galicia.

A inauguración do acto correu da man da directora xeral, que explicou que esta iniciativa busca promover, por unha banda, que os estudantes teñan acceso a experiencias prácticas reais no marco da realización dos seus traballos de fin de grao ou de fin de mestrado -contactando con profesionais do seu sector e incrementando as posibilidades de contratación-; e, por outra banda, que as novas empresas ou emprendedores poidan acelerar os seus proxectos estratéxicos sumando unha visión innovadora. Neste senso, resaltou que a maior parte dos emprendedores e dos estudantes participantes, confirmaron que volverían repetir a experiencia, e que na actualidade hai máis dunha decena de proxectos en marcha —todos eles asesorados pola rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego—, que van desde a creación de metodoloxías ata a súa aplicación práctica.

Durante a clausura, Pablo Fernández fixo fincapé no emprendemento ligado ao territorio, e especialmente no labor da Rede de polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego —iniciativa pública nada en xullo de 2022— nesta iniciativa, e no contexto emprendedor resaltando que presta, de forma gratuíta e a través das súas 15 oficinas, asesoramento individualizado, tanto a quen desexa emprender na Comunidade como a quen xa o fixo e quere consolidarse, cunha cifra na actualidade de máis de 4.100 proxectos asesorados. No eido do talento mozo, destacou a futura Estratexia mocidade activa, dotada con 20 M€, soamente por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e que abarcará distintas iniciativas encamiñadas a impulsar o emprego xuvenil.

Loading...