A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participaron hoxe no Pazo a Toxeiriña, en Moraña, na inauguración da sétima edición do Foro Empresarial organizado pola asociación Empresarias de Galicia. Con esta iniciativa —nada no ano 2019— a asociación busca dar visibilidade e poñer en valor o papel da muller no eido empresarial.

Mariño destacou o papel de Empresarias de Galicia polo seu compromiso co talento feminino desde una perspectiva laboral e social, destacando a capacidade de liderado das súas socias e tamén a de reinvención para transformar os desafíos cos que se atopan en oportunidades. Neste senso, remarcou o compromiso do executivo galego co impulso do emprego e do emprendemento feminino, destacando entre diferentes iniciativas para potenciar a presenza da muller mercado laboral o programa Galicia Emprega (20 M€), que destina 1,7 M€ para impulsar especificamente a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados.

Loading...