A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Padrón nunha nova xornada sobre prevención de riscos laborais

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Padrón nunha nova xornada sobre prevención de riscos laborais. Baixo o título A reducción da siniestralidade laboral a través da mellora da xestión preventiva dos riscos nos lugares de traballo, a xerente ofreceu estratexias innovadoras e consellos de boas práctices para que as persoas autónomas e os responsables de pequenas empresas poidan xestionar de maneira máis eficaz os riscos laborais, contribuíndo así á creación de contornas de traballo máis seguras.

Un dos obxectivos principais da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, é dar resposta ás necesidades dos colectivos que requiren unha protección especial —como son os traballadores por conta propia ou as pemes—, apoiando no eido da protección da seguridade e saúde no traballo, tanto ao tecido empresarial como ás persoas traballadoras.

A maiores, esta xornada enmárcase dentro do Plan de acción 2025 do Issga, que como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega é referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando neste tipo de actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, convertíndose en focos de transmisión do saber preventivo.

Loading...