A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na mesa redonda Impacto da IA no Emprego dentro do Foro CES Galicia en colaboración ca Universidade da Coruña (UDC)

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe na Cidade das TIC da Coruña na mesa redonda Impacto da IA no Emprego, enmarcada no foro CES Galicia, onde presentou a ferramenta de intelixencia artificial EMi, implantada nas 54 oficinas de emprego de Galicia.

Segundo explicou a directora xeral, EMi apóiase na IA para casar oferta e demanda no mercado laboral. Neste sentido, permite axustar en tempo real as demandas de man de obra do tecido produtivo aos perfís das persoas demandantes rexistradas polo servizo público, dando resposta así ao reto da cobertura de vacantes. Entre as súas vantaxes, Zeltia Lado salientou que tamén relaciona todas as características e competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado laboral e detecta sectores emerxentes de emprego e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións.

Ademais, Zeltia Lado sinalou que a ferramenta xa permitiu realizar o perfilado competencial de arredor de 60.000 persoas e actualmente se continúa a mellorar a súa configuración para dotala de novas funcionalidades, ampliando os servizos ás empresas e posteriormente ás persoas que posúan esas competencias, ao mesmo tempo que se mellora a capacidade de identificación das competencias requiridas en cada concello, o que permitirá identificar as formacións prioritarias para cada territorio.

Loading...