O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu en Poio ao acto de celebración do 25 aniversario do Plan de emprego da Cruz Vermella no que se puxo en valor o traballo realizado pola entidade para favorecer a inclusión laboral de colectivos en risco de exclusión social, creando un espazo para reflexionar sobre os retos futuros en materia de emprego.
Pablo Fernández resaltou a traxectoria do Plan de emprego da entidade, que desde a súa posta en marcha no ano 2000 leva atendidos en Galicia a máis de 65.000 persoas e conta con preto 80.000 empresas comprometidas coa inserción laboral. Nese senso, resaltou o compromiso estratéxico do Executivo autonómico coa inserción sociolaboral dos colectivos en risco de exclusión social, destacando entre outras medidas levadas a cabo, o programa Galicia Emprega —dotado con 19,7 millóns de euros— que busca promover a contratación estimada de 1.700 persoas desempregadas pertencentes aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral.