A provincia de Pontevedra conta con 20 obradoiros duais de emprego que forman a preto de 400 persoas desempregadas e que contan cun orzamento de máis de 8 millóns de euros

Reguera lembrou o éxito que demostraron ter este tipo de obradoiros duais nas edicións pasadas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Obradoiro de Emprego ‘Manuel B. Portela X’, no concello da Guarda.

Trátase dun obradoiro que formará a 20 persoas desempregadas na especialidade de albanelería. Este obradoiro, que ten unha duración aproximada nove meses, é posible grazas a un investimento da Xunta de preto de 412.000 euros. Así, o alumnado recibirá a formación necesaria para poder desenvolverse nas súas respectivas áreas, ademais de contar con prácticas remuneradas durante toda a duración do curso. Ademais, estas prácticas reverterán a favor do seu concellos, xa que os participantes realizarán traballos dentro do seu municipio.

En concreto, os participantes están a levar a cabo a reforma do antigo edificio do concello, na praza do Reló, que agora albergaba a biblioteca e sala de estudo municipais e que está a ser completamente renovado.

Cabe destacar que a provincia de Pontevedra conta con vinte obradoiros deste tipo que forman a case 400 alumnos e alumnas e que contan cun orzamento total de máis de 8 millóns de euros. Na comarca do Baixo Miño, tamén se está a levar a cabo un obradoiro dual de emprego no concello do Rosal.

O delegado territorial visitou o edificio en obras e destacou o “o gran traballo que se está a levar a cabo, que é proba do aprendido durante este obradoiro e dos magníficos profesionais que moi pronto se inserirán no mercado laboral”.

 

Loading...