O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Memoria de Actividades do ano 2024 de Expourense e a programación do ano 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Memoria de Actividades do ano 2024 de Expourense e na posterior programación de actividades para o ano 2026.

Durante a súa intervención, o director xeral destacou o labor do recinto feiral e a súa capacidade de atracción a través dos diferentes eventos, xornadas e competicións que acolle, sendo un motor máis de atracción de visitantes a Ourense. Neste senso, resaltou que os recintos feirais de Galicia teñen a capacidade de amosar ao sector as últimas novidades comerciais , cun gran potencial para xerar sinerxías de xestión, captación, coordinación e programación de eventos, adquirindo un maior protagonismo no liderado do sector comercial nos seus respectivos contornos.

O Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 recolle entre as máis de 70 accións especificas que presenta, unha liña adicada ao impulso dunha rede de recintos feirais de Galicia para acadar o obxectivo de que estes espazos obteñan o potencial que lles permita exercer o liderado no eido da modernización e da dixitalización do comercio local.

Loading...