A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou esta mañá en Vigo nun encontro con representantes do tecido produtivo da cidade e contorna para coñecer de primeira man as súas demandas e necesidades dentro do deseño da nova convocatoria do Executivo galego das accións formativas para persoas desempregadas (cursos AFD).

Trala xornada celebrada onte en Ferrol e a celebrada hoxe en Vigo, a Xunta celebrará en vindeiras semanas novas sesións formativas en diferentes puntos de Galicia para favorecer que o tecido produtivo da comunidade poida formar parte deste proceso de participación pública. A directora xeral remarcou que o obxectivo é facilitar a identificación de prioridades dentro da aposta que está a facer a Xunta por axustar a formación laboral ás necesidades das empresas e potenciar deste xeito a eficacia das políticas activas de emprego, avanzando cara a un sistema máis dinámico e capaz de axilizar a cobertura das necesidades de talento das empresas. No referido aos cursos AFD, Zeltia Lado sinalou que estas xornadas diríxense a recoller propostas e prioridades do tecido produtivo para definir as accións formativas que se impartirán a través da futura nova convocatoria desta liña de apoios autonómicos, co obxectivo de aliñar de forma máis eficaz e áxil a oferta formativa coa realidade do tecido produtivo galego.

Loading...