O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) remata hoxe o curso específico para habilitar ao seu persoal técnico para o desenvolvemento de actuacións comprobatorias das condicións materiais de seguridade e saúde nos centros de traballo

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) remata hoxe o curso específico de habilitación ao seu persoal técnico para o desenvolvemento de actuacións comprobatorias das condicións materiais de seguridade e saúde nos centros de traballo, impartido na sede da Escola Galega de Administración Pública. Tras 3 días de formación —19, 21 e 23 de maio— da man da Inspección de Traballo e Seguridade Social, case 30 funcionarios técnicos de prevención de riscos laborais do Issga foron formados para ditas funcións.

A maiores do obxectivo da habilitación —con 12 prazas dispoñibles repartidas polos centros de toda Galicia—, o curso vai dirixido a que os participantes actualicen os seus coñecementos sobre a normativa do persoal desta materia. Os funcionarios que actúen como habilitados terán a capacidade xurídica para realizar requirimentos por incumprimento da normativa de prevención de riscos laborais, destacando positivamente este tipo de actuación que, ao ser resoltas no tempo e forma establecidos, contribúen a diminución da sinistralidade laboral e melloran a xestión preventiva.

Este curso enmárcase dentro do Plan de acción 2025 do Issga, que como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega é referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando neste tipo de actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, converténdose en focos de transmisión do saber preventivo.

Loading...