A Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) retoman o programa Conecta Lugo na Mariña cunha xornada sobre a innovación no comercio e o turismo que se celebrará mañá, a partir das 19,00 horas, na sala multiusos do Concello de Viveiro.

A inscrición é gratuíta e pode formalizarse na web da CEL. O obradoiro está destinado a empresarios e emprendedores interesados na materia e incluirá a presentación dos distintos programas de axudas aos que poden acceder, tanto do Igape como da Oficina Económica de Galicia ou da Axencia Turismo de Galicia.

Ademais, exporanse casos de éxito de innovación en ambos sectores, favorecendo o intercambio de experiencias nun “networking” final. O obxectivo do programa é achegar información útil sobre os apoios que o Goberno galego pon a disposición do tecido produtivo para promover a innovación e a dixitalización, e incidir no importante labor de asesoramento e acompañamento que tamén ofrecen a Xunta e a CEL.

Loading...