O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron na presentación da nova edición

Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración entre a Xunta e a Federación galega de Comercio cun orzamento global de case 700.000 euros, dos cales o Goberno galego achega 627.900

Tamén darase continuidade a campaña Merca no teu comercio, coa principal novidade de que se estenderá máis aló das grandes cidades e contará con actos de premios en 40 localidades, chegando a mais de 60 asociacións e beneficiando a 80 municipios

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron esta mañá na presentación da nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, unha aposta entre o Executivo autonómico e a Federación Galega de Comercio no marco do convenio de colaboración entre as partes —cun orzamento global de case 700.000 euros dos cales a Xunta achega 627.900 — e que se desenvolverá desde mañá 20 de maio, ata o 30 de xuño. Co gallo de incentivar e dinamizar o comercio de proximidade, o director xeral salientou que se sortearán 20.000 euros en premios entre os consumidores que fagan algunha compra nos establecementos adheridos durante as datas mencionadas.

A campaña é froito da colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca. Ten como novidade esta edición —a maiores do sorteo das 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos—, o sorteo en directo entre os asistentes á entrega de premios prevista para finais de xuño dun premio final de 3.000 euros, para gastar nunha única xornada de compras na localidade elexida pola persoa que resulte gañadora.

Tamén co obxectivo de acadar un impacto directo sobre os comercios e o tecido asociativo de contornas máis locais, darase continuidade a campaña Merca no teu comercio, coa principal novidade de que se estenderá máis aló das grandes cidades e contará con actos de entrega de premios en 40 localidades diferentes, chegando a máis de 60 asociacións de comerciantes e beneficiando os veciños e negocios de 80 municipios.

 

Loading...