O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta mañá á primeira edición da Mostra de gando vacún e equino de Xunqueira de Espadanedo, na que visitou un dos obradoiros de Artesanía de Galicia que se celebran no evento. Durante a xornada de hoxe, os visitantes poderán participar en diversas actividades, nas que se incluen espectáculos musicais, exposicións de maquinaria e sorteos.
Gabriel Alén remarcou que a artesanía é un dos grandes protagonistas do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que inclúe diferentes medidas para promover a remuda xeracional e divulgar os oficios tradicionais co fin de seguir impulsando esta actividade chave no patrimonio cultural e que é un motor de emprendemento e de inclusión laboral.