O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou está mañá no Centro Issga de Pontevedra na apertura da xornada Coordinación de actividades empresariais: elemento crave da acción preventiva no sector naval
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na apertura da xornada Coordinación de actividades empresariais: elemento crave da acción preventiva no sector naval, organizada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga). O encontro reuniu a expertos, responsables de prevención e represantes das empresas do sector onde achegaron aos participantes a súa vision e experiencia para continuar o abordaxe e os desafíos futuros en materia de seguridade.
Durante a xornada de hoxe, abordáronse temas fundamentais para o sector como as condicións materiais nos estaleiros, o sistemas de xestión preventiva ou o procedemento de Coordinación de Actividades Empresariais (CAE), expondo casos prácticos que amosaron a efectivade da coordinación na protección dos traballadores e na prevención de accidentes laborais. Tamén se presentou o documento titulado Coordinación de actividades empresarias, que ten coma obxectivo facilitar a comprensión —a través de conceptos clave— de todos os procedementos que deben seguirse nas fases dunha obra naval, para que as empresas involucradas conten cos medios adecuados para protexer aos seu empregados en manter as condicións óptimas de seguridade nas súas instalacións.
Esta xornada enmárcase dentro do Plan de acción 2025 do Issga, que como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega é referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando neste tipo de actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, convertíndose en focos de transmisión do saber preventivo.