O director xeral de Inclusión Social e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego deron conta das iniciativas do Executivo galego para mellorar a empregabilidade das persoas en risco de exclusión

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, reuníronse con varias entidades sociais referentes nos programas de Protección Internacional e Atención Humanitaria. Durante o encontro, avaliaron novas vías de colaboración para seguir mellorando a integración sociolaboral das persoas migrantes.

Durante esta xuntanza, Parrado e Lado escoitaron as demandas e peticións de Cruz Vermella, Accem, Provivienda, Diaconía, Movemento pola Paz, O Desarme e a Liberdade, Rescate e Ecos do sur e Diversidades, todas elas xestionan diferentes programas para persoas migrantes en situación de vulnerabilidade.

Neste senso, ambos directores xerais deron conta das iniciativas coas que conta o Executivo galego para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas que están en risco de exclusión social. Deste xeito, sinalouse a importancia das formacións específicas orientadas a mellorar o acceso ao emprego a través das microcredenciais.

Ademais, Arturo Parrado e Zeltia Lado trasladáronlle aos representantes destas entidades o compromiso da Xunta de Galicia para seguir camiñando da man do tecido asociativo na integración e inclusión das persoas que máis o precisan.

Loading...