O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu hoxe á presentación da asociación Capital Humano, a primeira agrupación lucense de profesionais de Recursos Humanos, que nace impulsada por un grupo de antigos alumnos e alumnas da Escola Universitaria de Relacións Laborais. A directiva está presidida por David Seijas.

A entidade ten entre os seus obxectivos traballar en común e promover accións conxuntas para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico de Lugo e de Galicia a través de estratexias efectivas de xestión de persoal. Está formada por profesionais de Recursos Humanos que traballan en diferentes sectores.

Arias ofreceulles a cooperación da Xunta en todas aquelas iniciativas que axuden a afrontar os retos e desafíos do mercado laboral, como a adecuación da oferta formativa á estrutura produtiva da provincia ou a potenciación das ferramentas que contribúan a casar a oferta coa demanda das empresas.

Loading...