O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), organizou esta mañá en colaboración con MC Mutual, o webinar Workshop: Ollos Sans

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), organizou esta mañá —en colaboración con MC Mutual— o webinar Workshop: Ollos Sans, co obxectivo de sensibilizar aos traballadores sobre os riscos da fatiga visual e da Síndrome Visual Informático (SVI), así como proporcionarlles ferramentas prácticas para a súa prevención.

Durante este webinar, os participantes coñeceron as posibles causas e síntomas da fatiga visual e da SVI, ambas derivadas do uso prolongado de pantallas e dispositivos dixitais. Tamén se lles ofreceron directrices para ser capaces de recoñecer os primeiros síntomas e unha serie de recomendacións prácticas para a súa prevención, como a correcta disposición do monitor ou a iluminación ambiental.

Esta xornada enmárcase dentro do Plan de acción 2025 do Issga, que como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, é referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando neste tipo de actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, convertíndose en focos de transmisión do saber preventivo.

Loading...