A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou esta mañá na xornada Fortalecendo a protección e o fomento do diálogo social para unha cultura de seguridade e saúde no traballo
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou esta mañá na xornada Fortalecendo a protección e o fomento do diálogo social para unha cultura de seguridade e saúde no traballo, organizada pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), no marco da celebración do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballado o vindeiro luns 28 de abril.
Na súa intervención, Adela Quinzá-Torroja presentou o Plan de actuación 2025 do Issga, un paquete de medidas que teñen como principal obxectivo a redución da sinistralidade laboral a través da eficaz xestión preventiva nos lugares de traballo, atendendo tanto aos riscos novos e emerxentes como aos tradicionais, e acompañando tanto ás empresas como á poboación traballadora. O plan abrangue 26 campañas de promoción da prevención e redución da sinistralidade e realizanase programas específicos e de asesoramento técnico nos lugares de traballo cunha previsión de acadar as 350 actuacións. A xornada tamén contou coa participación da responsable de Medicina do Traballo, Nieves Lorenzo, quen puxo en valor as actuacións no ámbito de saúde laboral e programas de estilo de vida saudables desde as empresas.
O Issga, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, é referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando neste tipo de actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, convertindose en focos de transmisión do saber preventivo.