O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na inauguración da décimo cuarta edición da feira de emprego organizada polo IFFE Business School. A esta edición asisten máis de 70 empresas —desde grandes corporacións ata startups innovadoras— para ofrecerlle aos visitantes a posibilidade de establecer conexións significativas, explorar oportunidades e mellorar as súas habilidades profesionais, tendo tamén a oportunidade de interactuar cos equipos de recursos humanos das empresas participantes en pequenas entrevistas.

Na súa intervención, Pablo Fernández destacou o compromiso do Executivo galego coa captación e retención do talento e por incentivar a empregabilidade por conta propia e allea. Neste ámbito, salientou o programa Galicia Emprega, que promove a contratación nas empresas de persoas desempregadas pertencentes aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral. A esta edición da iniciativa o Executivo autonómico destina case 20 M€ e o prazo para solicitar as achegas está aberto ata o 30 de setembro.  Ademais, Pablo Fernández subliñou o labor do IFFE Business School para poñer en contacto a futuros traballadores con empresas de diferentes sectores, contribuíndo a consolidar un mercado laboral dinámico e inclusivo con emprego de calidade.

Loading...