A Fundación Pública de Formación para o Traballo presentou hoxe en Pontevedra as actividades e proxectos que ten previsto desenvolver no 2025 ante representantes de distintas entidades, empresas e organismos relacionados co tecido empresarial así como de centros de formación e alumnado de cursos impartidos desde a Fundación Pública de Formación para o Traballo. Con este acto, no que participou a xerente da entidade, Rosanna López Salgueiro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, complétanse as presentacións realizadas nas catro provincias galegas.
Na Fundación participan a Xunta, a Confederación de Empresarios de Galicia e os sindicatos CCOO, UXT e CIG. A súa función céntrase na formación dos traballadores e traballadoras ao longo de toda a súa vida laboral, mellorando a súa capacitación profesional e promoción persoal. Deste xeito, promoven a análise e mellora continuada das políticas de formación e facilitan asesoramento técnico para o seu desenvolvemento. Contan cunha web na que ofrecen información e recursos útiles para a mellora da empregabilidade.