A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este martes o obradoiro dual Redondela máis que Bela IV que permitiu formar durante o último ano a 20 persoas desempregadas. Ademais, confirmou que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración renovará en 2025 o curso cun investimento de 411.927 euros e tamén o Programa Integrado de Emprego (PIE) con 220.000 euros.

A representante autonómica, que estivo acompañada pola alcaldesa, Digna Rivas, participou na entrega dos diplomas que acreditan aos participantes no obradoiro. Durante os últimos doce meses, o alumnado levou a cabo por unha banda a formación en materia de xardinería, forestal e agricultura ecolóxica a través de actuacións na Finca A Coutada, na Finca no Camiño da Vía Vella, na Rotonda de Vilavella, na Rotonda Vilar de Infesta, no Finca e horta do Pousadouro e no Colexio Público de Reboreda.

Por outra banda, recibiron formación innovadora na de carpintería de ribeira, mediante os traballos a realizar na posta en valor do emblemático bote “Manuel”, embarcación que responde á tipoloxía máis estendida na enseada de San Simón e que data de finais dos anos 30 do século pasado.

Loading...