O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo esta semana un encontro con representantes de Carrefour en Galicia no que abordaron distintas medidas da Administración galega para captar e reter talento e atender ao reto da cobertura de man de obra. Entre elas, o programa Retorna Cualifica Emprego, que se está a impulsar da man das empresas para ofrecer traballos de calidade en orixe que promovan o retorno ao tempo que dan resposta á necesidade de persoal cualificado en sectores como o da distribución.

Na reunión tamén se puxo de relevo a importancia das microformacións e a aposta do Goberno galego neste ámbito sempre da man do tecido empresarial para incrementar a competitividade das empresas e potenciar as oportunidades laborais. Neste ámbito, enmárcanse accións como a convocatoria pioneira de microformacións, dotada con 4 M€ e destinada a financiar accións formativas a demanda do tecido produtivo, os convenios con diferentes clústeres galegos, o Programa de arraigamento para a formación ou o Bono Talento Empresa, entre outras.

Loading...