O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, visitou a oficina de emprego de Monforte de Lemos, onde puxo de relevo que leva perfilado máis dun 15% das persoas demandantes que ten inscritas a través da ferramenta de intelixencia artificial EMi co gallo de propiciar o seu encaixe nas ofertas laborais existentes na contorna e de analizar -e posteriormente propoñer- actuacións para mellorar a empregabilidade desas persoas.

Na visita, o conselleiro destacou que a oficina de Monforte -que atendeu máis de 8.100 persoas no pasado ano 2023- trátase así dunha das 54 oficinas de emprego galegas que está a aplicar EMi -pioneira en Europa e España- para casar oferta e demanda laboral en tempo real. Unha ferramenta coa que se prevé realizar nun ano o perfilado competencial de 70.000 persoas en toda a Comunidade de cara á mellora das súas oportunidades laborais, ao tempo que se axuda ás empresas galegas a localizar os perfís que necesitan.

Loading...